miércoles, 5 de diciembre de 2007

COMUNICADO DO PSDEG-PSOE: PÉSAME Á FAMILIA DE FERNANDO TRAPERO E SOLIDARIEDADE E GRATITUDE AOS CORPOS E FORZAS DE SEGURIDADE DO ESTADO

Santiago, 05 de dec. de 07. A Comisión Executiva do PSdeG-PSOE quere expresar o seu máis fondo pesar polo pasamento do garda civil, Fernando Trapero, a consecuencia das feridas recibidas no atentado de ETA o pasado sábado en Capbreton (Francia) e no que tamén perdeu a vida o seu compañeiro, Raúl Centeno.

Os socialistas trasladamos o noso pésame á familia e a nosa solidariedade e gratitude aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado aos que todos recoñecemos a súa entrega na defensa das nosas liberdades.

Felicitámonos pola eficacia e a coordinación dos corpos de seguridade de España e Francia, que ten permitido a detención de dous dos presuntos asasinos destes gardas civís.

O traballo das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a unidade das forzas democráticas contra a barbarie terrorista, como quedou de manifesto onte á noite en Madrid, son a mellor resposta contra ETA. É a maneira de demostrarlle que aínda que siga causando dor, nunca conseguiu nin conseguirá ningún dos seus obxectivos e que ao único camiño que conduce a violencia en democracia é ao da cadea.


INAUGURACIÓN DO II CONGRESO DE ENSINANTES DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA.

O vindeiro venres 7 de Decembro, ás 16:30 h., terá lugar a inauguración oficial do II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.

O evento está organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración ca ASPG e a CIG Ensino, e está patrocinado pola Dirección Xeral de Creación de Difusión Cultural da Xunta de Galicia e a Concellería de Cultura do Concello de Santiago. Tamén colaboran as Universidades de A Coruña e Vigo xunto co Auditorio de Galicia.

Ao acto inaugural asistiran as seguintes personalidades:
• D. Xosé Luis Bará Torres – Director Xeral de Creación e Difusión Cultural
• D. Nestor Rego Candamil – Concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais do Concello de Santiago
• D. X. Anxo Varela Centelles – Técnico do departamento de promoción cultural do Xacobeo.
• D. Luciano Fernández Martínez – Membro da Xunta Directiva da ASPG
• D. Anxo Louzao Rodríguez – Secretario Nacional de CIG-Ensino
• D. Santiago Caneiro Aneiros – Presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos

Será, a todas luces, un fito histórico, non só pola calidade dos relatores, senón tamén pola cantidade de congresistas inscritos, xa que se completou o aforo de 260 prazas, o que demostra o grande interese suscitado polos debates, obradoiros e relatorios que se programaron así como polas propostas que poden xurdir deste importante evento.

Ademáis durante esta fin de semana terá lugar a presentación do novo traballo audiovisual da AGG, “Pelo Gato 24” onde se inclúen algunhas das tradicións da infancia: os seus xogos e cantigas. Será o sábado 8 de Decembro no mesmo Auditorio de Galicia.

A Asociación de Gaiteiros Galegos pretende coa realización deste congreso, promover lazos de coñecemento, recoñecemento e confianza entre os distintos ámbitos educativos da música galega, co obxecto de permitir unha comunicación fluída de experiencias e para, poder pór en marcha iniciativas conxuntas que teñan continuidade no futuro.
Para calquera dúbida ou para solicitar máis información poden poñerse en contacto coa Asociación de Gaiteiros Galegos no 986 847 074 ou a través do correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com


No ICALEO, o congreso máis importante sobre procesamento de materiais con láser

UN GRUPO DE INVESTIGADORES DA ETS DE ENXEÑEIROS INDUSTRIAIS RECIBE O PRIMEIRO PREMIO DO LASER INSTITUTE OF AMERICA

Grupo de Aplicacións Industriais dos Láseres“Un importante recoñecemento de toda a comunidade científica internacional que traballa no campo do procesamento de materiais con láser que demostra que estamos traballando no bo camiño”. Así expresou a súa satisfacción o profesor Juan M. Pou despois de que o grupo de Aplicacións Industriais dos Láseres recibise o primeiro premio do Laser Institute of America. O proxecto, que versa sobre as técnicas de produción rápida de prototipos asistidas por láser, foi galardoado como mellor traballo no XXVI Congreso Internacional sobre as Aplicacións dos láseres e a electro-óptica, ICALEO. Trátase do máis destacado recoñecemento internacional que se pode obter neste campo, xa que este é o maior simposio mundial no que tomaron parte 546 investigadores de 27 países.



A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA INVISTE 90.000 EUROS NO DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA ‘SEMANA BRANCA 2008’ QUE LEVARÁ A 1.000 ESCOLARES DA PROVINCIA Á ESTACIÓN INVERNAL DE SAN ISIDRO, EN LEÓN

A Deputación de Pontevedra, dentro do programa social “Semana Branca”, pretende fomentar o compañeirismo e a práctica deportiva do ski entre os escolares da provincia coa organización dunha viaxe á estación invernal de San Isidro, en León.

Para elo, o organismo provincial, investirá este ano unha achega de 90.000 euros, destinados a sufragar unha parte da cantidade que os beneficiarios do programa terán que abonar por realizar a viaxe, a correspondente á asistencia externa e xestión da mesma.

Os beneficiarios deste programa, que desfrutarán de seis días e cinco noites en réxime de pensión completa na estación invernal de San Isidro de León, poderán ser un máximo de 1.000 alumnos, sendo sufragado o custe da viaxe nas seguintes proporcións: A Deputación de Pontevedra aportará a cantidade de 90 euros por persoa participante, os Concellos interesados en participar neste programa deberán contribuír cunha cantidade de 30 euros por persoa inscrita e as persoas beneficiarias abonarán unha cantidade máxima de 170 euros.

Así, os grupos disporán de dous monitores titulados de tempo libre por cada autocar que acompañarán ós alumnos durante toda a viaxe e o desenvolvemento de actividades durante as 24 horas do día.

En 2007 foron 905 os escolares de 1º e 2º de E.S.O que participaron no programa. Cifras que superaron os 873 inscritos de 2006 e os 618 alumnos do ano 2005.



GALIZA NOVA PRESENTA UNHA CAMPAÑA NA QUE REIVINDICA O DEREITO A DECIDIR CON MOTIVO DO DÍA DA CONSTIUCIÓN ESPAÑOLA

Santiago de Compostela, 5 Decembro 07. A campaña que comeza Galiza Nova mañá, día da Constitución Española, leva por lema “Somos galegos, somos galegas, que non decidan por nós. Polo dereito de autodeterminación”. Está enmarcada dentro da defensa da organización xuvenil de que se modifique a concepción unitaria do Estado e se recoñezan as nacións que existen nel, como a galega, a través dun estado plurinacional, pluricultural e plurilingüe.

Dende a Dirección Nacional da organización xuvenil pretenden con esta actuación dar resposta “ás necesidades que temos como galegas e galegos, poñendo os nosos intereses por diante e deseñando dende Galiza o noso presente e futuro para poder deste xeito paliar moitos dos problemas en emprego, transporte ou ensino que a día de hoxe padecen a mocidade galega e a sociedade galega no seu conxunto, polo feito de estar supeditado a políticas definidas desde o goberno central que poucas veces teñen en conta as nosas verdadeiras necesidades”

A secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi Ferradás, enfatizou que “o que se reivindica é un dos máis elementais dereitos democráticos, como que un pobo teña recoñecido o dereito a decidir sobre o seu propio futuro”. “Dende Galiza Nova cremos que se ten demostrado que o actual marco esta esgotado xa que non satisface as nosas aspiracións, nin as nosas necesidades. Por iso apostamos por un cambio de modelo que se concrete no dereito que temos de decidir as galegas e galegos, porque ninguén mellor ca nós pode gobernar a nosa casa”, asegura.

Con esta campaña comeza unha serie de iniciativas para que se recoñezan os dereitos políticos dos cidadáns e cidadás de Galiza. Nese sentido a semana próxima presentarán as Xornadas de Inverno de organización cunha serie de actividades para que os asistentes coñezan entre outras, a historia de Galiza, en especial as etapas históricas nas que o país se autogobernou e viviu un esplendor en todos os ámbitos.



LA DERROTA DE CHÁVEZ DEVUELVE LA ESPERANZA AL COLECTIVO GALLEGO

El presidente de los empresarios de la comunidad en el país bolivariano destaca que el comportamiento cívico en los comicios abre expectativas a la paz

Esperanzados ante la nueva etapa política que se abre en Venezuela. Así recibía ayer la colectividad gallega en el país bolivariano el no a la reforma constitucional de Hugo Chávez. Tras nueve años de victorias consecutivas, el presidente venezolano veía frustrado su intento de alcanzar un poder casi ilimitado con la modificación de la carta magna, que fue rechazada por el 50,7% del electorado.

"Tanto el Gobierno como la oposición han manifestado su gran interés por sentarse a conversar para impulsar proyectos" necesarios para el país", señalaba desde Caracas el presidente de la Asociación de Empresarios Gallegos de Venezuela, Cándido Rodríguez. "Hay que esperar a ver qué pasa, pero es lo mejor que nos puede suceder. Estamos muy esperanzados", añadió.

Desde Galicia, el presidente de la Asociación de Venezolanos del Deza, José Luís Mosquera, aseguraba que la colectividad gallega "espera una nueva etapa política" y subrayaba que el referéndum ha dejado claro que "Chávez no cuenta con el apoyo de la mitad del pueblo venezolano". "Pensé que no íbamos a ganar", añade Mosquera, quien cree que la alta abstención del referéndum responde a que muchos creían que las elecciones estaban manipuladas.

"Con esto queda demostrado que la democracia operó correctamente", considera Cándido Rodríguez, quien también es senador socialista por Ourense. Rodríguez destaca también la ausencia de incidentes durante la jornada electoral como una vía para pensar que es posible una convivencia pacífica en un país con una gran inseguridad ciudadana. El presidente de la patronal gallega en Venezuela cree que cerrada la campaña electoral Chávez cesará sus ataques hacia España, iniciados tras el ya famoso "por qué no te callas" del rey don Juan Carlos, y espera que la tranquilidad llegue a los inversores españoles en el país. Roberto Mansilla, analista venezolano del Instituto Galego de Análise Internacional (Igadi), cree precisamente que esa estrategia electoral ha tenido mucho que ver con la derrota de Chávez.

El consulado venezolano en Vigo, cuya jurisdicción abarca toda Galicia y Asturias, constató una amplia victoria del 'no' en el referéndum de reforma constitucional, puesto que del total de 258 votos registrados, 246 fueron para el no, frente a 12 casos en los que se optaron por el sí. Según concretó la cónsul general de segunda en Vigo, Belkys Cedeño, en la oficina diplomática "la respuesta victoriosa fue el no, por una amplia diferencia" en las tres mesas constituidas para la cita electoral, que, en su conjunto, registraron una participación del 20,6%.

Con estos resultados, el consulado vigués se suma a la opción elegida por la mayoría de los votantes en Venezuela, si bien frente a la apretada victoria del no en la República Bolivariana, en Vigo la opción del 'no' fue la clara vencedora.

En declaraciones a Europa Press, la representante diplomática se mostró complacida por que la jornada de ayer transcurriera, tanto en la Ciudad Olívica como en Venezuela, sin incidencias destacables, "en la normalidad y con las mesas abiertas a tiempo".

Sin embargo, debido a la poca participación registrada en los comicios (un 20,6%), los 246 votos en contra de la reforma constitucional propuesta por el presidente, Hugo Chávez, corresponden a algo más del 19% del total de 1.276 ­venezolanos inscritos en el consulado de Vigo, mientras que los del sí no alcanzan el uno por ciento.

En cuanto a la elevada abstención registrada por los votantes en Vigo, Belkis Ocaña reconoció esperar una mayor afluencia. "Creí que iban venir un mayor número de personas, sobre todo jóvenes", afirmó, puesto que "la mayoría de los que acudieron eran personas de la tercera edad".

Por ello, se mostró extrañada por la poca participación del colectivo de jóvenes, puesto que "la mayoría están inscritos tanto en el consulado como en el Consejo Nacional Electoral", si bien "por causas que se desconocen" ha acudido poco a votar. Según destacó, la mayor afluencia de votantes se registró por la mañana.

No hay comentarios: