martes, 10 de julio de 2007

Abel Caballero interverá ná constitucion dá Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Bembrive - Vigo

O vindeiro mércores 11 de xullo ás 20:00 horas, na sede da Entidade Local Menor de Bembrive-Vigo, terá lugar a sesión de constitución da Xunta Veciñal desa Entidade Menor, a única de Vigo, correspondiente ás eleccións celebradas o 27 de maio de 2007.

A dito acto están convidados os representantes dos grupos políticos con representación municipal, así como tamén os representantes dos diferentes colectivos parroquiais, entre outros. Asi mesmo, tamén está confirmada a presencia do alcalde da cidade, D. Abel Caballero.

O acto vaise desenvolver do seguinte xeito:

* Constitución da mesa de idade, formada polos vocais de maior e menor idade.
* Xuramento ou promesa por parte do alcalde pedáneo e demáis membros que conforman a Xunta Veciñal para estes vindeiros catro anos.
* Intervención do alcalde pedáneo (fará unha exposición das liñas xerais que vai a seguir a Entidade Local Menor de Bembrive para esta legislatura).
* Intervención do alcalde de Vigo, D. Abel Caballero, quen dará por rematado o acto.

A Xunta Veciñal quedará formada por:

Alcalde pedáneo: Benito Pérez González Partido Popular

Vocáis: Valentín Vila Martínez Partido Popular
María Míguez González Partido Popular
Roberto Ballesteros Costas PSdeG – PSOE
Benedicta Expósito González BNG

No hay comentarios: